Bandeira de Austria
Bandeira de Austria | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1230 1 de maio de 1945 |
Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Austria (en alemán: Nationalflagge Österreichs) está formada por tres franxas horizontais de igual anchura, de cor vermella a superior e a inferior, e branca a central. A bandeira do Estado engade o escudo nacional no centro. Esta bandeira foi adoptada oficialmente o 1 de maio de 1945.
Historia
[editar | editar a fonte]Xunto coa bandeira de Dinamarca, a bandeira austríaca é unha das máis antigas do mundo. Segundo a lenda, a bandeira foi inventada polo Duque Leopoldo V de Austria (1157-1194) trala dura batalla de Acre en 1191, durante as Cruzadas, cando as súas roupaxes de cor branca quedaron totalmente manchadas de sangue, agás a parte que tapaba o seu cinto, que quedou branca.
En realidade, a bandeira foi deseñada no século XIII polo Duque Frederico II de Austria (1210-1246), o derradeiro da dinastía Babenberg, quen buscaba unha maior independencia do Sacro Imperio Romano Xermánico. A representación máis antiga deste deseño atópase nun escudo conservado no mosteiro de Lilienfeld, que data do 30 de novembro de 1230.
Dende 1804, cando se formou o Imperio austríaco liderado pola Casa de Habsburgo, a bandeira adoptada utilizou as cores da Casa de Habsburgo: amarelo e negro. En 1869, tralo Compromiso de 1867 do emperador Francisco Xosé I que deu orixe ao Imperio Austrohúngaro, Austria adoptou o emblema imperial antigo como seu, mentres que Hungría adoptou unha bandeira de seu. Para os asuntos concernentes a ambos os dous estados, o Imperio utilizou dúas bandeiras especiais: a bandeira de guerra era unha tribanda albivermella cun escudo centrado na metade esquerda, mentres que a bandeira mercante sumaba á beira dereito o escudo menor húngaro, e a franxa inferior era vermella no sector esquerdo e verde no dereito.
Tralo fin do Imperio, a República de Austria readoptou o emblema vermello-branco-vermello o 20 de outubro de 1918 até o Anschluss, cando Austria foi anexada ao Terceiro Reich. Trala derrota nazi na segunda guerra mundial, a bandeira foi reinstaurada o 1 de maio de 1945.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Estandarte presidencial
-
Bandeira en posición vertical
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Austria en Flags of the World (en inglés)